Skip to content

Rede Automarizada de Barullo, Ondas e Transmisións da A.C. Obradoiro Dixital Galego

License

Notifications You must be signed in to change notification settings

pvillaverde/rabot

Repository files navigation

Warning

This project is deprecated and no longer maintained as of 2024-05-19. It has been replaced by the newer RADIOD

RABOT - ACODG

Rede Autómata de BOTs da A.C. Obradoiro Dixital Galego

Esta aplicación encárgase de obter a información das canles rexistradas na Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego e dinfundir o novo contido que xeran estes proxectos en galego pola rede, a través das canlees da asociación (Twitter, Mastodon e Discord).

Funcións (feitas e por desenvolver)

  • Feito en DENO en lugar de NODEjs
  • Tarefas de CRON que se executen cada minuto, cada 15 minutos, cada hora, cada día...
  • Cada 15 minutos ten que refrescar a información dende a páxina web, para que en caso de que haxa cambios, consulte ou deixe de consultar as canles pertinentes.
  • Tanto para Youtube como para Podcast, non vale con que comprobe que sexa do último día. Ten que verificar tamén que sexa o derradeiro. Pode haber publicación retrasadas porque saen en privado/oculto.
  • Utilizar a librería DenoDB para gardar os datos en BBDD (ven sexa Sqlite local ou conectar a PostgreSQL despois)
  • Servizo de publicación a Twitter e Mastodon, coa configuración segundo a comunidade (Twitch, Youtube, Podcast, Blogomillo) e a posibilidade de desactivar cada servizo.
  • Configuración inicial do Bot de Discord: https://deno.land/x/discordeno@17.0.1
  • Configuración das canles de Discord correspondentes (galegotwitch, galegotube, podgalego, blogomillo) e envío de mensaxe na que corresponda.
  • Proba do envío de notificacións a twitter, mastodon e discord das actualizacións de GalegoTube. Neste punto, poderíamos publicar o servizo e prescindir de Galtubot
  • Consulta cada hora do calendario de Google e actualización da mensaxe na canle #axenda do Discord. Unha vez feito isto, podemos prescindir de Calengram
  • Consulta dos datos de Twitch cada minuto para ver que canles están en directo. Envío das notificacións a Twitter e Mastodon cando unha canle entra en directo.
  • Envío e actualización das mensaxes de Discord cando hai canles en directo, incluíndo a miniatura da transmisión como fai actualmente timbot.

Funcionalidades extra

  • Os RSS de Podcast non permiten obter máis datos, pero cos de Youtube poderíamos gardar certas estatísticas, ao igual que se fai coas de Twitch. Poderíase facer o que fan os bots de estatísticas dende este.
  • Creación dunha imaxe co calendario do día ou da semana para publicar nas redes
  • Gardado das estatísticas de Youtube diariamente.
  • Gardar nunha táboa da base de datos os servidores de Discord nos que está conectado. Con esta información pódese:
    • Configurar unha canle para cada tipo de contido, gardando a ID da canle na fila da base de datos.
    • Configurar unha canle para actualizar a axenda, podendo configurarse en distintos discord.
    • Comando de Axuda que indique o resto de comandos e que se poda combinar co resto de comandos para depurar problemas de permisos, nomes de canles, instrucións de como engadir no teu servidor, etc..
    • Comandos de administración para listar en que servidores está e opcionalmente sacalos deles?
    • Comando para configurar unha canle de clips onde se publiquen diariamente os clips. Sería interesante que en función das estrelas que reciban os clips, a partir de X Estrelas vaia a unha canle destacada.

About

Rede Automarizada de Barullo, Ondas e Transmisións da A.C. Obradoiro Dixital Galego

Resources

License

Stars

Watchers

Forks

Packages

No packages published

Languages